9/11/10

PROXECTO DE PARTICIPACIÓN SOCIO-AMBIENTAL

     arelar está a impulsar en colaboración con Feitoría Verde un Proxecto de Participación Socio-ambiental Activa no Concello de Caldas de Reis, dirixido a toda a cidadanía do concello e coa intencionalidade de que se vivencialice diferentes propostas de mellora do Concello dende a perspectiva dun desenvolvemento sustentable do territorio. Nesta primeira fase están tendo lugar os “Faladoiros Verdes”, como espazos impulsores da participación cidadá en torno á xestión do territorio, a detección de necesidades específicas, compartir a visión que cada quen ten do espazo no que vive....
     Estes “Faladoiros Verdes” están tendo lugar na Biblioteca do Colexio Alfonso VII de Caldas, sendo a primeira fase para a construción do proceso participativo, ata a construción de propostas apegadas a realidade da cidadanía.
O vindeiro martes 23 de novembro terá lugar a seguinte “Faladoiro Verde”.
      arelar Xestión Socioeducativa desenvolve este tipo de iniciativas dende o convencemento de que a creación de escenarios participativos resulta unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento das comunidades e territorios e da mellora da calidade de vida das persoas que neles habitan.


No hay comentarios:

Publicar un comentario