13/12/12

"+ Q Fútbol" con Veronica Boquete

O venres 14 de decembro, o proxecto de prevención "+ Q Fútbol" contará coa presenza, de Verónica Boquete, para compartir a súa calidade humana e futbolística co grupo de mozos e mozas participantes do "+ Q Fútbol". Verónica, exemplo de superación, a través da súa traxectoria profesional nun deporte cun tratamento tan diferenciado para os homes e as mulleres,  poderá achegar a súas vivencias, ademais de compartir un espazo de xogo cos participantes ao evento.

Ademais, durante o mes de decembro no proxecto "+ Q Fútbol" outras actividades especiais coma un torneo de Nadal, ou partidos de fútbol 11x11, no II Campus de Verónica Boquete.

  Cartel das actividades de decembro no "+ Q Fútbol"

9/11/12

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en O Incio


O pasado 7 de novembro, tivo lugar no concello de O Incio unha visita guiada da exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", onde o alumnado do CEIP Ricardo Gasset de O Incio puido interactuar de xeito ameno e didáctico cos diferentes contidos que conformaban a exposición. 


 A través do percorrido polos diferentes elementos da mesma o alumnado puido afondar os seus coñecementos sobre os impactos que está a provocar o cambio climático no planeta, as causas destes impactos e onde residen as solucións tanto no plano individual, colectivo coma institucional.


Esta actuación esa promovida por diferentes concellos de Galicia polo servizo de Cambio climático e Investigación Ambiental da da Secretaria xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sendo Arelar quen desenvolve a parte técnica da coordinación das visitas guiadas.




2/11/12

Xa podedes ver o audiovisual do "+ Q Fútbol"

Arelar ven de realizar o primeiro vídeo do proxecto "+ Q Fútbol" no que se poden coñecer de primeira man as características do proxecto, que está promovido pola Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago e cofinaciado polo Plan Nacional sobre Drogas.


Agardamos que vos guste.

23/9/12

Xornada Festiva en "+ Q Fútbol"

o venres 21 tivo lugar unha xornada festiva no "+ Q Fútbol", cun encontro no que participaron rapazas de varios equipos de fútbol de Santiago (compostela, Funeraria Apostol.....) e no que puidemos desfrutar de xogo activo, compañeirismo, bó rollo e deporte en efervescencia.


Ademais, contamos coa presenza do adestrador do Compostela feminino e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago,  Paula Prado, que acudiu a presenciar os encontros, e a facer entrega dos trofeos as e os participantes. Finalmente todos e todas puidemos desfrutar dunha merenda futboleira do máis divertida e amena.

Aqui podedes ver a nova enlazada na páxina web do Concello de Santiago.

http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=8741


11/9/12

Volve o "+ Q Fútbol"

O vindeiro venres 14 de setembro, no pavillón Quiroga Palacios as 19 h. terá lugar a primeira xornada tralo verán do proxecto de prevención "+ Q Fútbol" dirixido á mocidade compostelá, e que se enmarca dentro do programa de alternativa activa, promovida polo concello de santiago, para xerar propostas de ocio saudables e atractivas.


Específicamente, dende o "`+ Q Fútbol"  preténdese xerar que a práctica deportiva sexa un punto de inicio de outras propostas que constitúen un espazo de ocio creativo, saudable e divertido.


Tralo parón veraniego agardan moitas sorpresas aos participante no proxecto.

Arelar Xestión Socioeducativa desenvolve a parte técnica do proxecto.







10/9/12

"O enigma de barbanegra": A gran aventura pirata

O pasado 1 de setembro tivo lugar en Lestedo, a maior das aventuras piratas xamais vistas. Os nenos e nenas puideron desfrutar dunha apaixoante aventura, na que amosaron as súas destrezas piratas e puideron resolver o enigma do malvado pirata Barbanegra.  Esta animación temática,  converteuse nunha actividade de gran realismo e verosimilitude, na que a cooperación, o inxenio e a creatividade foron ingredientes fundamentais da aventura.  Toda a aventura foi gravada para facerlle entrega aos protagonistas dun dvd da súa vivencia no "enigma de Barbanegra".

O malvado Barbanegra desafiou aos participantes

12/7/12

O teatro do oprimido como instrumento para a transformación social

O teatro do oprimido resulta unha ferramenta de enorme interese para a abordaxe das opresións, dende múltiples perspectivas. A capacidade que ten o teatro do oprimido para facilitar a transformación e o cambio  social dende a acción directa, xerando propostas e alternativas a situacións que previamente se constrúen dende o propio grupo, sendo realmente sentidas ou percibidas como próximas á realidade dos protagonistas.

O teatro do oprimido dende as diversas técnicas que o configuran, ofrece un abano de posibilidades de acción adaptable a multitude de grupos, realidades e contextos sociais. de aí o seu gran valor e potencial para o traballo socioeducativo.





29/6/12

"A historia de Salam"

Durante este curso arelar desenvolveu nalgúns centros de educación primaria do Concello de Vila de Cruces, un proxecto de educación intercultural que a partir dun obradoiro inicial para abordar conceptos básicos o alumnado puido deseñar un cómic a prol da interculturalidade. Eses cómics foron a base do guión que deu lugar "A historia de Salam". No proxecto participaron o Ceip de Merza e o Ceip Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces. No seguinte enlace podedes ver a "micromovie" realizada no Ceip de Merza.


http://www.youtube.com/watch?v=x_EW2SJ87QA&feature=plcp





23/6/12

"Unha viaxe pola nosa historia" pon remate ao proxecto de actividades extraescolares en Rodeiro

Este venres, rematou o proxecto de actividades extraescolares no concello de Rodeiro, e do que arelar leva a xestión técnica do mesmo.  Como remate do proxecto, os nenos e nenas puieron facer unha viaxe pola súa historia a través de diversas actividades, que permitiran aproximarse aos máis pequenos a saberes tradicionais da nosa cultural popular.  Os xogos tradicionais, a xincana "unha viaxe pola nosa historia" e a visitas de 3 veciñas que compartiron os seus saberes e vivencias cos nenos e nenas participantes  no proxecto.

Finalmente, a xornada rematou na Casa da Cultura coa valoración do proxecto por parte dos nenos e nenas, a emisión dun video resumo dos valores didácticos do proxecto, e a entrega de diplomas e agasallos para tódolos participantes.


20/6/12

"O xinete das árbores" visita aos nenos e nenas en Vila de Cruces

"O xinete das arbores" visitou ao alumnado de educación infantil do Ceip Nosa Señora da Piedade, para celebrar o fin de curso, e no que puido compartir o amor e o coidado prol da natureza a través dos contos e da imaxinación.


10/6/12

As xornadas da Axenda 21 Escolar de Galicia traballan ao redor do desenvolvemento das competencias básicas

Durante o pasado 8 e 9 de xuño tivo lugar a xornadas  de formación do profesorado da Axenda 21 Escolar de Galicia, coa clara intención de abordar estratexias para o desenvolvemento das competencias básicas dentro dos proxectos de Axenda 21 que teñen lugar en máis de corenta centros de toda Galicia.



100 profesores e profesoras déronse cita nestas xornadas de formación, que  durante a fin de semana desenvolveron un traballo moi interesante tanto nos plenarios coma nos grupos de debate e na comunicación de experiencias.                   Así mesmo, resultou moi interesante o achegarse ao procedemento de traballo que se está a desenvolver noutros proxectos a nivel estatal. Deste xeito, o traballo que se desenvolve dende a Rede Canario de Centros pola sostibilidade, permitiu fortalecer o espírito de intercambio e de enriquecemento mútuo das experiencias presentadas durante as xornadas.

Arelar un ano máis, participou da organización  destas xornadas dirixidas ao profesorado, promovidas pola Consellería de Educación e o Instituto de Estudio do Territorio.

 Silvia Velázquez presentou o traballo da Rede Canaria de Centros pola sostibilidade do goberno de Canarias. 

1/6/12

Comeza o proxecto "+Q Fútbol"

O proxecto "+ Q Fútbol" enmárcase dentro do proxecto de Alternativa Activa promovida polo Concello de Santiago e que vai dirixida a mocidade coa intención de xerar propostas de ocio atractivas e saudables.  Concretamente dende  "+ Q Fútbol" preténdese que a práctica futbolística sexa o punto de inicio dunha serie de propostas que permitan construír colectivamente un espazo de convivencia  creativo, saudable e divertido onde os mozos e mozas poidan desfrutar colectivamente e de xeito satisfactorio do seu tempo de ocio.



O Proxecto desenvólvese tódolos venres no pavillón do Ceip Quiroga Palacios, de 19 a 21h., e entre as actividades propostas ademais da creación de "superligas", están a realización de "curtametraxes futboleiras", "micro-programas de radio", o boletín semanal ou encontros con deportistas relevantes de Compostela.

Arelar é a encargada da execución técnica do proxecto.



29/5/12

A Axenda 21 Escolar de Galicia celebrou a súa xuntanza anual de alumnado

O pasado 24 de maio a Axenda 21 Escolar de Galicia celebrou a súa xuntanza anual de alumnado no Pazo da Cultura de Pontevedra, congregando a numerosos alumnos e alumnas de educación secundaria,  para compartir as experiencias e proxectos que están a desenvolver durante o curso escolar, ademais de establecer liñas e pautas de traballo dentro da axenda 21 de cara ao vindeiro curso escolar.  A xornada estructurouse nunha primeira fase dirixida as experiencias didácticas, para logo centrarse en grupos de debate e obradoiros nos que visualizar as propostas e recomendacións e liñas de traballo xurdidas dentro de cada grupo de debate. Arelar desenvolveu a coordinación técnica da xornada impulsada polo IET.
 




o alumnado presentou as súas experiencias e participou activamente en obradoiros  e grupos de debate.

11/5/12

O traballo por competencias no espazo extraescolar

Arelar segue a desenvolver o proxecto de actividades extaescolares e conciliación promovido polo Concello de Rodeiro. O traballo pro competencias marca as liñas de traballo do proxecto, reforzando o traballo impulsado dentro do horario lectivo. Os resultados están a ser moi satisfactorios, procurando plantexamentos moi diversificados para realizar un traballo por competencias ao tempo que resulta motivante e atractivo para o alumnado, o desenvolvemento das diferentes tarefas propostas.



10/5/12

O teatro foro como ferramenta para transformar a realidade

Arelar xestión Socioeducativa ven de desenvolver no marco do programa de prevención da Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela, unha experiencia de teatro foro coa anpa do Ceip Ramón Cabanillas.

A experiencia foi moi ben valorada polas nais e pais implicados no proceso pola capacidade que houbo para que nais e pais, aportaran solucións  e propostas de mellora na educación dos seus fillos e fillas.

O teatro foro permitiu que o grupo de participantes puideran actuar sobre a realidade que un grupo de 5 nais e un pai amosaron a través dunha pequena peza teatral que retrataba as dificultades para o establecemento de normas no fogar.

As nais e pais a modo de "espetactores" achegaron solucións e construíron compartidamente sobre unha problemática que lle era común.

                                

26/4/12

Os obradoiros Sostendo seguen a percorrer a xeografía galega

Nestes meses, os obradoiros Sostendo constitúen unha acción formativa de moito interese para adultos e poboación infantil, para abordar a problemática do cambio climático. de xeito participativo, pequenos e maiores, dende metodoloxías adaptadas, propoñen actuacións concretas para facer fronte ao fenómeno do cambio climático. 

A resposta está sendo moi boa, e os procesos de traballo en cada un dos obradoiros  están a enriquecer o valor educativo e de sensibilización desta actuación.

 O alumnado traballando nas súas propostas a través dun collage

23/3/12

Traballando a interculturalidade dende unha "micro-movie"

Arelar  iniciará a partires da semana que ven un proxecto de educación intercultural promovido polo Concello de Vila de Cruces, e que terá lugar en dous centros educativos do Concello (Ceip Nosa señora da Piedade e Ceip de Merza), que versan sobre a realización duns obradoiros de educación intercultural, nos que se promoven valores de tolerancia respecto, e valorización do diferente como unha oportunidade para o enriquecemento mutuo entre as persoas. 
Esta proposta ten o seu lado máis inovador na proposta didaćtica, en que todo o traballo de contidos se visibilizará a través da elaboración duns cómics e da realización dunha "micro-movie", na que o alumnado será o protagonista.  O formato audiovisual, permitirá canalizar tódolos contidos previamente traballados nun resultado final, cunha mensaxe didáctica potente e directa hacia toda a comunidade educativa. Irémosvos informando de todo o proceso.

20/3/12

A compostaxe doméstica na xestioń dos residuos no fogar

Arelar xestión Socioeducativa, está a traballar xunto a Feitoría Verde nun proxecto de compostexe doméstica no fogar, cunhas 20 familias do Concello de Rois, para a mellora na xestión dos residuos que xeneran, e na fabricación de compost de alta calidade.
Despois de teren recibida as 20 familias un obradoiro de formación, repartíronse os composteiros para a participación no programa. Na actualidade estase procedendo ás visitas de control do proceso, de xeito individualizado en cada fogar para asesorar sobre as pautas axeitadas para a xeración de compost.

13/2/12

Presentáronse os resultados da Confint-Esp en santiago de Compostela

Este sábado tivo lugar a presentación oficial dos resultados da Confint-Esp, ante as autoridades. Asistiu o Director xeral de Sostibilidade e Paisaxe Manuel Borobio Sanchiz. A delegación galega de estudantes  que asistiu á Confint-Esp en Vitoria-Gasteiz, presentou os resultados acadados durante a conferencia celebrada o pasado 26 e 27 de xaneiro.

Con anterioridade, o alumnado tivo sesións de traballo para a organización do evento, coordinada por Arelar.



   


2/2/12

Traballo, cooperación e ilusión no tempo extraescolar

A mediados do mes de xaneiro deu comezo o proxecto de actividades extraescolares no CPI de Rodeiro, promovido polo Concello de Rodeiro e executado por Arelar Xestión Socioeducativa. A propostas de actividades, tenta dar apoio ao desenvolvemento das tarefas académicas do alumnado, ademais de ter o desenvolvemento das competencias básicas como referente do traballo diario. Deste xeito, creando escenarios atractivos para o alumnado no tempo extraescolar estase a desenvolver as competencias básicas que lle require o curriculum ao alumnado.

                           Un alumno realizando as tarefas escolares da xornada

1/2/12

Seguinte parada.....Bruxelas

Esta é a foto de familia da Confint, na que participaron máis dun centenar de alumnado de 5 comunidades autónomas, profesorado e entidades organizadoras das Confint escolares e autonómicas. O resultado foi moi satisfactorio e productivo para seguir o camiño de compromiso e actuación responsable para co planeta. seguinte parada...Bruxelas

30/1/12

A confint-Esp rematou coa presentación dos seus resultados na sede do Goberno Vasco

O pasado venres rematou a Confint-Esp coa presentación pública dos resultados acordados polo alumnado, sobre as responsabilidades para co planeta que se van a potenciar e asumir a nivel estatal, e que se van a levar a Confint Europea que terá lugar no mes de maio en Bruxelas.

A delegación galega conformada por 19 alumnas e alumnos de centros de secundaria da A21EG, traballou moi activamente neste proceso participativo que significa a asunción de responsabilidades para o coidado do planeta do alumnado de 5 comunidades autónomas.

Arelar formou parte do equipo técnico que acompañou a delegación galega neste reto medioambiental.

As imaxes amosan á delegación galega ante a sede do Goberno Vasco en Vitoria-Gasteiz e a unha das nosas alumnas na presentación pública do resultados da Confint-Esp

 


26/1/12

A confint-Esp ponse en marcha

Comeza a Conferencia estatal (Confint) con moitas gañas de traballar, aportar ideas, e facer propostas comúns para o coidado do planeta.

                      O alumnado integrado nunha dinámica de presentación

25/1/12

Mañá comeza a Confint-Esp

Mañá comezaŕa a confint-Esp, que terá lugar en Vitoria-Gasteiz. 120 rapaces e rapazas de 6 comunidades autónomas compartiran propostas, e accións para o coidado do planeta.

19 alumnos e alumnas de Galicia, achegarán as propostas e posters elaborados na Confint-Galicia.


 Parte do equipo técnico de Arelar acompaña ao alumnado galego nesta conferencia de alumnado.

23/1/12

Inicia o proxecto de actividades extraescolares en Rodeiro

A pasada semana ven de comenzar o proxecto de actividades extraescolares que Arelar como equipo técnico impulsará no CPI de Rodeiro. O proxecto, que pretende facilitar a conciliación laboral e familiar das familias do concello, ademais de promover unha serie de propostas educativas baseadas no fortalecemento das competencias básicas.

                                         Nova de prensa referida ao proxecto

A confint-Galicia desenvolve propostas para o coidado do planeta

O pasado 14 de xaneiro tivo lugar a Confint-Galicia no Museo Pedagóxico de Galicia, promovida pola Dirección Xeral de sostibilidade e Paisaxe e Sogama.  A confint é un evento de alcance internacional no que o alumnado se congrega para a elaboración de propostas para o coidado do planeta.  A Confint-galicia, dará paso a Confint-Esp que terá lugar en Vitoria-Gasteiz o vindeiro 26 e 27 de xaneiro. As propostas xeradas en todo o estado, serán levadas a Bruxelas no mes de abril e finlamente no mes de xuño a Conferencia internacional desenvolverase en Río.


Na Confint-Galicia participou alumnado de centros de Axenda 21 Escolar de Galicia, ademais de profesorado, nais e pais, achegando tamén as súas propostas de acción para o coidado do planeta.


 Arelar desenvolveu a organización técnica da Confint-Galicia e participará no acompañamento da delegación galega en Vitoria-gasteiz.