23/12/10

SOSTENDO, OBRADOIROS FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO. CONCELLO DE VILABOA

           O equipo técnico de arelar xestión socioeducativa está impartindo por tódolos concellos de Galicia os obradoiros "SOStendo, obradoiros fronte ao cambio climático", unha iniciativa da Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras). O fin desta actividade é a de fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático. Ademais, ofrece a posibilidade de un obradoiro paralelo para nenos e nenas co fin de ser unha actividade conciliadora para os adultos que asistan.
        Concretamente, esta actividade realizouse onte no concello de Vilaboa, onde participaron oito pais cos seus dez fillos.

22/12/10

PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIOAMBIENTAL EN CALDAS DE REIS

         O pasado 18 de decembro, no Concello de Caldas de Reis, continuouse co proceso de participación socioambiental impulsado por Feitoría Verde e arelar. 
Esta parte do proceso fíxose a partir dun roteiro, o Miradoiro Verde, que contou con diferentes paradas deseñadas a partir dos resultados dos Faladoiros Verdes. Nesta fase, pretendíase coñecer a percepción máis emocional que os diferentes espazos transmitían á cidadanía, analizando en todo momento os sentimentos respecto do territorio. Co resultado do Miradoiro Verde elaborouse, de forma participativa, un mapa emocional da cidadanía sobre os diferentes espazos e lugares do concello. Ademáis, esta fase sirveu para rematar cun decálogo de propostas, que será estudado polo concello e respostado de forma individualizada ás persoas implicadas no proceso.

10/12/10

LIGA DE FÚTBOL SOCIAL, dinamización e socialización dende a práctica deportiva

        arelar xestión socioeducativa está a desenvolver a "Liga de Fútbol Social", unha iniciativa da UMAD (Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente) que conta con varios colectivos colaboradores (Cáritas, Cruz Vermella e voluntariado da USC). Este proxecto ten como obxectivo crear espazos socializadores e de dinamización dos usuarios da UMAD e a promoción de hábitos de vida saudables a través da práctica deportiva. 
Búscase crear un espazo de encontro (alleo aos contextos habituais destas persoas) que facilite a interacción con outros grupos como son os usuarios e usuarias das restantes organizacións sociais participantes no proxecto.

29/11/10

TEATRO DO REAL

      O equipo técnico de arelar impartíu un obradoiro de "Teatro do Real" dentro da Escola de Outono organizada polo Colexio de Educadores e Educacoras Sociais de Galicia, que tivo lugar o pasado día 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

      Este obradoiro tivo como obxectivo aproximar aos participantes, o teatro e as súas  diferentes técnicas escénicas aos parámetros da avaliación (tema central da Escola de Outono). Partindo das bases conceptuais do teatro do oprimido, o obradoiro permitíu construír casos específicos para o traballo escénico, que deron lugar a reflexión sobre os usos a nivel evaluativo que pode ter o profesional da educación social a través do teatro.

HABILIDADES SOCIAIS E ESTRATEXIAS PARA UN BO TRABALLO EN EQUIPO

       arelar desenvolveu o curso de formación HABILIDADES SOCIAIS E ESTRATEXIAS PARA UN BO TRABALLO EN EQUIPO, dirixido a profesionais da rede de escolas infantís do Consorcio de Benestar e Igualdade da Xunta de Galicia.

       Esta formación tivo lugar nas Escolas Infantís de de Cotobade e de Burela, e tivo como obxectivo incidir na formación de habilidades sociais, como o instrumento para a xestión adecuada dos conflictos e a mellora de optimización das estratexias para o traballo en equipo.

       A metodoloxía foi eminentemente práctica e permitíu crear dinámicas grupais moi enriquecedoras para a visualización dos conflitos que maiores dificultades xeran ao grupo de profesionais (educadoras, mestras, psx...) e deste xeito construír as solucións máis útiles para a regulación dos mesmos. 

Así mesmo, arelar está a realizar formación específica para as directoras das escolas infantís do Consorcio sobre a resolución de conflictos no eido profesional.

9/11/10

PROXECTO DE PARTICIPACIÓN SOCIO-AMBIENTAL

     arelar está a impulsar en colaboración con Feitoría Verde un Proxecto de Participación Socio-ambiental Activa no Concello de Caldas de Reis, dirixido a toda a cidadanía do concello e coa intencionalidade de que se vivencialice diferentes propostas de mellora do Concello dende a perspectiva dun desenvolvemento sustentable do territorio. Nesta primeira fase están tendo lugar os “Faladoiros Verdes”, como espazos impulsores da participación cidadá en torno á xestión do territorio, a detección de necesidades específicas, compartir a visión que cada quen ten do espazo no que vive....
     Estes “Faladoiros Verdes” están tendo lugar na Biblioteca do Colexio Alfonso VII de Caldas, sendo a primeira fase para a construción do proceso participativo, ata a construción de propostas apegadas a realidade da cidadanía.
O vindeiro martes 23 de novembro terá lugar a seguinte “Faladoiro Verde”.
      arelar Xestión Socioeducativa desenvolve este tipo de iniciativas dende o convencemento de que a creación de escenarios participativos resulta unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento das comunidades e territorios e da mellora da calidade de vida das persoas que neles habitan.


EXPOSICIÓN "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN"

           
   
    O equipo técnico de arelar xestión socioeducativa está impartindo visitas guiadas sobre a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", unha iniciativa da Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras). O fin desta actividade é dar a coñecer á cidadanía os aspectos máis importantes do cambio climático, concretamente as causas e consecuencias, políticas de actuación e as posibles solucións para mitigalo dende unha perspectiva a nivel global e local.


Módulo da Bicicleta
Pila de hidróxeno

8/10/10

TEATRO SOCIAL

   Dende arelar empregamos o teatro e as súas posibilidades como ferramenta de animación e intervención socioeducativa. O teatro é un punto de encontro multidisciplinar que asocia o cultural, o educativo e o artístico. As linguaxes e accións expresivas chegan a transformarse nunha ferramenta básica. Son instrumentos educativos e de formación persoal, que axudan a crear vivencias relacionais e comunicativas, dentro dun marco social.

6/10/10

SPOTS PUBLICITARIOS

       En arelar impulsamos a elaboración de spots publicitarios sobre diferentes áreas de traballo. O seguinte video amosa un pequeno exemplo das actividades que levamos a cabo, neste caso o eixo de traballo era a educación ambiental.


Vídeo "O Alcalde e a paisaxe". Campanto A21 Lalín

5/10/10

CAMPAMENTOS A21

         Ó longo do mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro, o equipo técnico de arelar puxo en funcionamento o proxecto Campamentos A21 impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras no que tamén colaborou o Instituto Galego de Consumo.
Estes campamentos leváronse a cabo no Concellos de Lalín, Cuntis, Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo; sendo os mesmos Núcleos de Sostibilidade de Galicia e nos que se implantou recentemente a Axenda 21 Local. 
Se ben, os campamentos pretendían, dende un xeito lúdico, traballar aspectos relacionados coa sostiblidade e o medio ambiente. O proceso de participación ambiental foi o eixo en torno ao que xirou a actividade nos seus cinco días de duración en cada un dos municipios. 

Encontro Interxeracional
 (xogos tradicionais)
Proceso de Participación Ambiental



Obradoiro de Consumo
Obradoiro Consumo Ecolóxico e Local