29/5/12

A Axenda 21 Escolar de Galicia celebrou a súa xuntanza anual de alumnado

O pasado 24 de maio a Axenda 21 Escolar de Galicia celebrou a súa xuntanza anual de alumnado no Pazo da Cultura de Pontevedra, congregando a numerosos alumnos e alumnas de educación secundaria,  para compartir as experiencias e proxectos que están a desenvolver durante o curso escolar, ademais de establecer liñas e pautas de traballo dentro da axenda 21 de cara ao vindeiro curso escolar.  A xornada estructurouse nunha primeira fase dirixida as experiencias didácticas, para logo centrarse en grupos de debate e obradoiros nos que visualizar as propostas e recomendacións e liñas de traballo xurdidas dentro de cada grupo de debate. Arelar desenvolveu a coordinación técnica da xornada impulsada polo IET.
 




o alumnado presentou as súas experiencias e participou activamente en obradoiros  e grupos de debate.

11/5/12

O traballo por competencias no espazo extraescolar

Arelar segue a desenvolver o proxecto de actividades extaescolares e conciliación promovido polo Concello de Rodeiro. O traballo pro competencias marca as liñas de traballo do proxecto, reforzando o traballo impulsado dentro do horario lectivo. Os resultados están a ser moi satisfactorios, procurando plantexamentos moi diversificados para realizar un traballo por competencias ao tempo que resulta motivante e atractivo para o alumnado, o desenvolvemento das diferentes tarefas propostas.



10/5/12

O teatro foro como ferramenta para transformar a realidade

Arelar xestión Socioeducativa ven de desenvolver no marco do programa de prevención da Concellaría de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela, unha experiencia de teatro foro coa anpa do Ceip Ramón Cabanillas.

A experiencia foi moi ben valorada polas nais e pais implicados no proceso pola capacidade que houbo para que nais e pais, aportaran solucións  e propostas de mellora na educación dos seus fillos e fillas.

O teatro foro permitiu que o grupo de participantes puideran actuar sobre a realidade que un grupo de 5 nais e un pai amosaron a través dunha pequena peza teatral que retrataba as dificultades para o establecemento de normas no fogar.

As nais e pais a modo de "espetactores" achegaron solucións e construíron compartidamente sobre unha problemática que lle era común.