21/6/11

REMATA A 3ª EDICIÓN DO PROXECTO DE "FÚTBOL SOCIAL"

ven de rematar a terceira edición do proxecto "Fútbol social" impulsado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela, e na que o fútbol convértese nun elemento de integración social de primeiro orde entre persoas e colectivos moi heteroxéneos e diversos, e onde se ten especial atención a os espazos de socialización e interacción que acompañan á práctica deportiva.

Deste xeito, o proxecto convértese nun recurso de gran interese para moitos proxectos sociais para facilitar escenarios integradores a colectivos con dificultades de inserción social.

Indagando nas claves da memoria

dentro do programa "aprender a coidarme para coidar" que promove o Concello de Rodeiro, dirixido a familiares coidadoras de persoas dependentes, a sesión tivo como fundamento o traballo sobre a memoria.
Durante a sesión abordáronse as diferentes técnicas para traballar a memoria relacionados coa  atención. a percepción, ou a categorización. ademais, durante a sesión se compartiron algúns audiovisuais coma a curta "a primeira vista". Merece moito a pena.


O grupo seguirá traballando na vindeira sesión en función das necesidades individuais de cada coidadora.

                                          


17/6/11

"Os encontros Axenda 21" como espazos de sinerxias entre o eido local e escolar.

No marco da implantación da A21 Local nos Núcleos de Sostibilidade de Ribadeo, Cuntis, O Carballiño, Lalín e Oza dos Ríos, veñen de ter lugar os "Encontros Axenda 21" como escenarios para dar a coñecer experiencias educativas de interese dos centros educativos, na implantación na A21. Paralelamente na maioría dos encontros achegóuselle ao alumnado experiencias e proxectos cun marcado interese ambiental que se estaba a dar no concello, e que permitiu conectar experiencias e proxectos desenvolvidos no eido escolar (estudos sobre litoral, proxectos de compostaxe, creación de patrullas medioambientais, xestión de residuos,etc...)  con actuacións que no marco local a cidadanía está a poñer en marcha na mesma liña, visibilizando as conexións e plantexamentos comúns e/ou complementarios entre tódolos proxectos presentados, e que se estań a desenvolver en cada un dos 5 concellos, que se atopan en pleno proceso de implantación da Axenda 21 Local.

As Axendas 21 nestes 5 concellos está sendo promovida pola Dirección Xeral de Sostibilidade  e Paisaxe, coa xestión técnica de Signo e Sustinere. Arelar é a entidade encargada da Organización destes encontros no eido educativo para visibilizar as experiencias educativas xeradas en cada concello.


              Dúas veciñas explicando o seu proxecto de compostaxe domeśtica en Oza dos Ríos

13/6/11

Arelar no semanario de ensino galego "Cartafol"

No número 14 do semanario Cartafol, aparece unha entrevista onde se reflicte unha parte do traballo de Arelar Xestión socioeducativa e a súa vinculación coa educación. Ao remate desta entrada podedes acceder a entrevista completa.

10/6/11

O reto de educar na sostibilidade

Co título de "o reto de educar no sostibilidade" tivo lugar o curso de formación sobre a A21EG, que se desenvolveu en Santiago de compostela o pasado 3 e 4 de xuño. O curso promovido pola Consellería de Educación e a Consellería de Medioambiente Territorio e Infraestructuras contou coa participacion de Arelar no deseño didáctico das xornadas, e na que se amosou un alto nivel en canto ás comunicacións e proxectos presentados polo profesorado, e que contou coa presenza de Rosa Mª Puyol para a conferencia inaugural.




O alumnado da A21EG amosou os seus proxectos durante a xuntanza "O alumnado é o protagonista"

O Pazo da Cultura de Ponteveda acolleu o pasado 26 de maio a III Xuntanza "O alumnado é o protagonsita" de centros de educación secundaria no marco da A21EG. Esta xuntanza promovida pola Consellería de Medioambiente en colaboración coa Consellería de Educación e coa coordinación técnica de Arelar Xestion Socioeducativa, contou coa participación de 18 centros educativos de toda Galicia onde se desenvolveron 18 seminarios, obras de teatro, composición poéticas e musicais, e audiovisuais didácticos con temática medioambiental. Ademias durante a tarde, celebrouse o Espazo interactivo aberto, no que cada centro tiña o seu stand para amosar os seus proxectos A21EG de xeito interactivo. Este espazo incluíu un mercado do troco, e outros proxectos de educación ambiental que se desenvolven en Galicia.

 
Máis de 300 mozos e mozas deron a coñecer os seus proxectos 
no Recinto Feiral

"Aprender a coidarse para coidar"

Arelar Xestión Socioeducativa está a desenvolver o proxecto "Aprender a coidarse para coidar" no concello de Rodeiro, e dirixido a coidadoras e coidadores de familiares dependentes, coa finalidade de ofrecer unah bagaxe formativa tanto nas labores ed coidado coma pautas para o tratamento de doenzas dexenerativas como o alzheimer. Outros dos aspectos esenciais do proxecto refírese ao importante que resulta as accións de coidado do coidador para desenvolver unha axeitada función coidadora do seu familiar.

O proxecto ten unha participación de profesionais de diferentes disciplinas (educativa, sociosanitaria, etc....) para abordar diferentes aspectos do programa.

                sesión práctica de como efectuar cambios posturais

O proxecto rematará no mes de novembro cunha conferencia da Asoc. de Familiares  de Enfermos de Alzheimer de Chantada.

"O alumnado é o protagonsita" acolleu a preto de 300 alumnos da A21EG

Veñen de celebrarse tódalas xuntanzas "o alumnado é o protagonista" de educación primaria no marco da A21EG dirixidas a coñecer a esencia dos proxectos de A21EG que levan desenvolvendo ao longo de todo o curso escolar. Durante o mes de maio celebráronse 5 xuntanzas nas que o alumando dos diferentes centros compartían as súas experiencias didácticas ao tempo que compartían espazos lúdico-educativos moi enriquecedores.

 As xuntanzas "O alumnado é o protagonista" celebráronse nos seguintes centros:
- CEIP Isidora Riestra de Poio
- CEIP Xermade
- CEIP Lagostelle de Guitiriz
- CEIP JUlio Gurriarán de O Barco
- CEIP Pilar Maestú Sierra de A Pobra

Mais de 300 nenos e nenas compartiron os seus proxectos, nos que a súa participación activa é unha das claves no desenvolvemento dos proxectos en A21EG. Este programa é impulsado pola Consellería de Medioambiente Territorio e Infraestructuras coa colaboración da Consellería de Educación, e onde Arelar desenvolveu o deseño técnico e pedagóxico das xuntanzas "O alumnado é o protagonista".

 
Alumnado do CEIP San Marcos presentando a súa experiencia didáctica
                           

Obradoiro "Sostendo" en Marín

O pasado 18 de maio tivo lugar o obradoiro sostendo, fronte ao cmabio climático e contou coa participación de nenos e nenas de educación primaria do Concello de Marín. O obradorio permitiu afondar nos coñecementos dos nenos e nenas sobre o cambio climático, e definir individual e colectivamente as accións que poderían facer para mitigar os efectos do mesmo. O obradoiro vai acompañado dunha exposición didáctica.

               Dúas nenas observando a exposición do obradoiro
                2 grupos facendo propostas concretas nun collage