23/4/13

"+ Q Futbol" un espazo para compartir


Durante este ano 2013 o "+ Q Fútbol" segue a ser un espazo de intercambio e de prevención dende a práctica deportiva, promovendo diferentes actividades paralelas ao espazo deportivo que se xenera. 



A edición do diario "+ Q Fútbol",  a elaboración de raps futboleiros, gravación de audiovisuais, as merendas futboleiras, ou encontros con outros equipos da cidade, seguen a ser espazos de referencia no proxecto, potenciándose a participacion activa dos mozos e mozas no deseño e ideacion de novas actividades.

Agárdannos novas emocións e moitas sorpresas durante o "+ Q Fútbol". De seguro que vai a merecer moito a pena!!





18/4/13

A aprendizaxe de estratexias de afrontamento na resolución de conflictos

 

A Anpa do Ceip Ramón Cabanillas está desenvolvendo un obradoiro de resolución de conflitos dirixido a nais e pais, para a aprendizaxe de estratexias de afrontamento dos conflitos que xorden na relación educativa no seo familiar.



O obradoiro conta de 3 sesións de traballo na que dende unha metodoloxía participativa, e partindo dos intereses e necesidades das nais e pais participantes, se desenvolverá un traballo eminentemente práctico e vivencial de situacións que permiten crear escenarios de aprendizaxe das destrezas e estratexias necesarias para o afrontamento dos conflitos.

Arelar está a desenvolver a docencia deste obradoiro.

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en Avión

A pasada semana tivo lugar unha serie de visitas guiadas no Concello de Avión sobre a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", na que se aborda o problema do cambio climático.  Durante a semana se realizaron diversas visitas para escolares e adultos, nas que puideron contrastar os seus coñecementos e crenzas, e analizar que tipo de accións son factibles para minimizar os efectos do cambio climático, e poder integrar condutas máiis sostibles e respectuosas co medio.


11/4/13

Aprendizaxe-servizo: metodoloxías para a mellora da acción voluntaria

 Estase a desenvovler ao longo deste mes de abril, dentro da oferta formativa da Dirección Xeral de Voluntariado, un curso de aprendizaxe-servizo. 
O Aprendizaxe-servizo (aps) é unha metodoloxía educativa que pretende aunar as aprendizaxes estruturadas cun grupo determinado, cun servizo concreto que dea resposta a unha serie de necesidades detectadas nun territorio concreto e cun colectivo benificiario de devandito servizo.

Arelar está a desenvolver esta formación na plataforma online da Dirección Xeral de Voluntariado, e conta con 563 persoas inscritas. O curso consta de 3 módulos teóricos e remata coa elaboración dun proxecto de aps, aplicable nos contextos de referencia das persoas participantes no curso.

8/4/13

"Do cómic ao cine": un camiño de aprendizaxes con moita imaxinación

No marco do proxecto de "elaboración de micromovies a prol do voluntariado" no que arelar está a desenvolver a coordinación técnica, atópanse neste intre na fase de desenvolvemento dos obradoiros creativos denominados "do cómic ao cine". Estes obradoiros son espazos de creación compartida para o deseño do guión definitivo das micromovies. Os procesos están a ser moi dinámicos e ricos en achegas, converténdose o alumnado nos verdadeiros protagonistas do proceso creativo.

Destes obradoiros sairá o guión definitivo, das micromovies, as cales teñen vinculación directa cos proxectos solidarios de cada centro educativo participante. O proxecto esa impulsado pola Dirección Xeral de Voluntariado.

                                Dúas alumnas desenvolvendo o seu traballo creativo