12/5/13

Cámara....Acción!

No proxecto de elaboración de micromovies, a prol do voluntariado, estase a desenvolver as gravacions das propostas que o alumnado efectuou para desenvolver os guións das micromovies.  O alumnado está a amosarse tremendamente motivado para empregar o medio audiovisual para a elaboracións das diversas ficcións que amosan os valores solidarios vencellados aos proxectos solidarios que se realiza en cada un dos centros pertencentes a rede de Centros Escolares Solidarios.



 










23/4/13

"+ Q Futbol" un espazo para compartir


Durante este ano 2013 o "+ Q Fútbol" segue a ser un espazo de intercambio e de prevención dende a práctica deportiva, promovendo diferentes actividades paralelas ao espazo deportivo que se xenera. 



A edición do diario "+ Q Fútbol",  a elaboración de raps futboleiros, gravación de audiovisuais, as merendas futboleiras, ou encontros con outros equipos da cidade, seguen a ser espazos de referencia no proxecto, potenciándose a participacion activa dos mozos e mozas no deseño e ideacion de novas actividades.

Agárdannos novas emocións e moitas sorpresas durante o "+ Q Fútbol". De seguro que vai a merecer moito a pena!!





18/4/13

A aprendizaxe de estratexias de afrontamento na resolución de conflictos

 

A Anpa do Ceip Ramón Cabanillas está desenvolvendo un obradoiro de resolución de conflitos dirixido a nais e pais, para a aprendizaxe de estratexias de afrontamento dos conflitos que xorden na relación educativa no seo familiar.



O obradoiro conta de 3 sesións de traballo na que dende unha metodoloxía participativa, e partindo dos intereses e necesidades das nais e pais participantes, se desenvolverá un traballo eminentemente práctico e vivencial de situacións que permiten crear escenarios de aprendizaxe das destrezas e estratexias necesarias para o afrontamento dos conflitos.

Arelar está a desenvolver a docencia deste obradoiro.

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en Avión

A pasada semana tivo lugar unha serie de visitas guiadas no Concello de Avión sobre a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", na que se aborda o problema do cambio climático.  Durante a semana se realizaron diversas visitas para escolares e adultos, nas que puideron contrastar os seus coñecementos e crenzas, e analizar que tipo de accións son factibles para minimizar os efectos do cambio climático, e poder integrar condutas máiis sostibles e respectuosas co medio.


11/4/13

Aprendizaxe-servizo: metodoloxías para a mellora da acción voluntaria

 Estase a desenvovler ao longo deste mes de abril, dentro da oferta formativa da Dirección Xeral de Voluntariado, un curso de aprendizaxe-servizo. 
O Aprendizaxe-servizo (aps) é unha metodoloxía educativa que pretende aunar as aprendizaxes estruturadas cun grupo determinado, cun servizo concreto que dea resposta a unha serie de necesidades detectadas nun territorio concreto e cun colectivo benificiario de devandito servizo.

Arelar está a desenvolver esta formación na plataforma online da Dirección Xeral de Voluntariado, e conta con 563 persoas inscritas. O curso consta de 3 módulos teóricos e remata coa elaboración dun proxecto de aps, aplicable nos contextos de referencia das persoas participantes no curso.

8/4/13

"Do cómic ao cine": un camiño de aprendizaxes con moita imaxinación

No marco do proxecto de "elaboración de micromovies a prol do voluntariado" no que arelar está a desenvolver a coordinación técnica, atópanse neste intre na fase de desenvolvemento dos obradoiros creativos denominados "do cómic ao cine". Estes obradoiros son espazos de creación compartida para o deseño do guión definitivo das micromovies. Os procesos están a ser moi dinámicos e ricos en achegas, converténdose o alumnado nos verdadeiros protagonistas do proceso creativo.

Destes obradoiros sairá o guión definitivo, das micromovies, as cales teñen vinculación directa cos proxectos solidarios de cada centro educativo participante. O proxecto esa impulsado pola Dirección Xeral de Voluntariado.

                                Dúas alumnas desenvolvendo o seu traballo creativo

5/2/13

Iníciase o proxecto de "Elaboración de micromovies a prol do voluntariado" dentro da rede de Centros Escolares Solidarios

Ven de iniciarse as sesións de presentación do proxecto de "elaboración de micromovies a prol do voluntariado" nos centros que conforman a rede de Centros Escolares Solidarios, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que pretende promover dende criterios participativos que o alumnado se implique no deseño de  material audiovisual que promova os valores de solidaridade e transformación social tomando como punto de partida, os proxectos solidarios que están a impulsar dende os propios centros.

O proxecto conta de varias fases (wiki colaborativa, obradoiros e gravación de micromovies)  que se desenvolverán ao longo do curso, e que permitirán rematar cunha micromovie, ideada e protagonizada polo propio alumnado que en si mesmo constituirá un material didáctico e divulgativo moi interesante para o traballo de sensibilización en toda a comunidade educativa.



14/1/13

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en Cualedro

O pasado 5 de xaneiro, Cualedro puido desfrutar dunha visita guiada da exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" na que nenos, nenas e maiores puideron percorrer a exposición ao tempo que interactuar dun xeito ameno e divertido cos contidos da exposición, qeu tenta sensibilizar sobre o cambio climático, os impactos actuais, e que accións podemos adoptar a cidadanía para mitigar os seus efectos no planeta.



4/1/13

Unha morea de contos para recibir o ano

Arelar ven de participar no programa de actividades que organiza a FOANPAS (Federación Olívica de Asociación de Nais e Pais de Alumn@s), para as nenas e nenos, pais e nais durante as vacacións de Nadal.

Durante 2 horas, os nenos e nenas puideron desfrutar dos contos, participar neles a través da súa imaxinación e sensibilizarse sobre o coidado ao medioambiente.


3/1/13

O valor da convivencia dende o deporte

O pasado 27 de decembro, Verónica Boquete participou nunha actividade do proxecto "+ Q Fútbol", na que máis de 70 mozos e mozas pertencentes ao proxecto "+ Q fútbol" e ao II Campus Verónica Boquete, compartiron espazo de xogo, convivencia, ademais de coñecer de primeira man a experiencia de Verónica Boquete no fútbol profesional, coñecendo a súa experiencia vital  para superar tódalas barreiras que  foi atopando ate chegar a ser unha figura internacional no fútbol feminino, e un referente no acceso da muller ao deporte profesional no noso país.



Ao longo da tarde, desenvolvéronse partidos mixtos de fútbol 7, nas que a calidade humana e futbolística dos mozos e as mozas participantes, prendeu por igual no campo de Santa Isabel.

                   

           Verónica Boquete compartiu a súas experiencias nun diálogo previo moi distendido