28/2/11

Visitas de asesoramento na Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG)

Visita ao IES Nº1 de Ribeira
Dende este mes de febreiro estanse a levar a cabo as diferentes visitas de asesoramento aos centros que participan na Axenda 21 Escolar de Galicia, (promovida polas Consellerías de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras e a de Educación e Ordenación Universitaria) para coñecer o grao de desenvolvemento dos proxectos para este curso. 

Así mesmo, estas visitas serven para ir orientando a participación dos centros nas xuntanzas de alumnado e nas Xornadas de profesorado, que terán lugar a final de curso.

10/2/11

A cidadanía de Caldas ultima as súas propostas dentro do proceso participativo

O pasado martes 8 de febreiro tivo lugar o quinto  faladoiro verde, dentro do proxecto de participación socioambiental activa de Caldas de Reis, coordinado por Arelar e Feitoría Verde e que se promove dende o Concello de Caldas. Durante este Faladoiro, a cidadanía  ultimou o decálogo de propostas definitivo, para a mellora da xestión do territorio de Caldas, e farase a presentación pública das mesmas, o vindeiro sábado 12 de marzo no "Caldas territorio verde".  Proximamente, xa iredes coñecendo máis deste interesante evento.
Dende Arelar valoramos moi satisfactoriamente o proceso de participación da cidadanía, xa que está sendo moi intenso, produtivo e dinámico.
--
discusión de propostas
en pequeno grupo
Exposición e debate
das propostas xeradas

8/2/11

Gran estrea de "O carballo falador"

O pasado sábado 5 de febreiro  no auditorio Manuel Dopazo levouse  a caboa estrea   da obra de teatro " O CARBALLO FALADOR ",  a cal contou coa participación do alumnado  de educación primaria do CEIP de Bandeira. Con este proxecto de teatro social,  Arelar Xestion Socioeduactiva pretende fomentar no alumnado o desenvolvemento persoal  a través do teatro,mellorando as súas capacidades comunicativas, de traballo en equipo e de expresión emocional.

Esta iniciativa contou coa participación de 20 nenos e nenas e foi promovida pola   ANPA Brincadeira  do CEIP de Bandeira, que desenvolveu un traballo espectacular na escenografía e vestiario do grupo.

" O CARBALLO FALADOR "
 "Momentos previos á estrea "