29/11/10

TEATRO DO REAL

      O equipo técnico de arelar impartíu un obradoiro de "Teatro do Real" dentro da Escola de Outono organizada polo Colexio de Educadores e Educacoras Sociais de Galicia, que tivo lugar o pasado día 18 e 19 de novembro na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

      Este obradoiro tivo como obxectivo aproximar aos participantes, o teatro e as súas  diferentes técnicas escénicas aos parámetros da avaliación (tema central da Escola de Outono). Partindo das bases conceptuais do teatro do oprimido, o obradoiro permitíu construír casos específicos para o traballo escénico, que deron lugar a reflexión sobre os usos a nivel evaluativo que pode ter o profesional da educación social a través do teatro.

HABILIDADES SOCIAIS E ESTRATEXIAS PARA UN BO TRABALLO EN EQUIPO

       arelar desenvolveu o curso de formación HABILIDADES SOCIAIS E ESTRATEXIAS PARA UN BO TRABALLO EN EQUIPO, dirixido a profesionais da rede de escolas infantís do Consorcio de Benestar e Igualdade da Xunta de Galicia.

       Esta formación tivo lugar nas Escolas Infantís de de Cotobade e de Burela, e tivo como obxectivo incidir na formación de habilidades sociais, como o instrumento para a xestión adecuada dos conflictos e a mellora de optimización das estratexias para o traballo en equipo.

       A metodoloxía foi eminentemente práctica e permitíu crear dinámicas grupais moi enriquecedoras para a visualización dos conflitos que maiores dificultades xeran ao grupo de profesionais (educadoras, mestras, psx...) e deste xeito construír as solucións máis útiles para a regulación dos mesmos. 

Así mesmo, arelar está a realizar formación específica para as directoras das escolas infantís do Consorcio sobre a resolución de conflictos no eido profesional.

9/11/10

PROXECTO DE PARTICIPACIÓN SOCIO-AMBIENTAL

     arelar está a impulsar en colaboración con Feitoría Verde un Proxecto de Participación Socio-ambiental Activa no Concello de Caldas de Reis, dirixido a toda a cidadanía do concello e coa intencionalidade de que se vivencialice diferentes propostas de mellora do Concello dende a perspectiva dun desenvolvemento sustentable do territorio. Nesta primeira fase están tendo lugar os “Faladoiros Verdes”, como espazos impulsores da participación cidadá en torno á xestión do territorio, a detección de necesidades específicas, compartir a visión que cada quen ten do espazo no que vive....
     Estes “Faladoiros Verdes” están tendo lugar na Biblioteca do Colexio Alfonso VII de Caldas, sendo a primeira fase para a construción do proceso participativo, ata a construción de propostas apegadas a realidade da cidadanía.
O vindeiro martes 23 de novembro terá lugar a seguinte “Faladoiro Verde”.
      arelar Xestión Socioeducativa desenvolve este tipo de iniciativas dende o convencemento de que a creación de escenarios participativos resulta unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento das comunidades e territorios e da mellora da calidade de vida das persoas que neles habitan.


EXPOSICIÓN "O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN"

           
   
    O equipo técnico de arelar xestión socioeducativa está impartindo visitas guiadas sobre a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", unha iniciativa da Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras). O fin desta actividade é dar a coñecer á cidadanía os aspectos máis importantes do cambio climático, concretamente as causas e consecuencias, políticas de actuación e as posibles solucións para mitigalo dende unha perspectiva a nivel global e local.


Módulo da Bicicleta
Pila de hidróxeno