14/1/13

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en Cualedro

O pasado 5 de xaneiro, Cualedro puido desfrutar dunha visita guiada da exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" na que nenos, nenas e maiores puideron percorrer a exposición ao tempo que interactuar dun xeito ameno e divertido cos contidos da exposición, qeu tenta sensibilizar sobre o cambio climático, os impactos actuais, e que accións podemos adoptar a cidadanía para mitigar os seus efectos no planeta.



4/1/13

Unha morea de contos para recibir o ano

Arelar ven de participar no programa de actividades que organiza a FOANPAS (Federación Olívica de Asociación de Nais e Pais de Alumn@s), para as nenas e nenos, pais e nais durante as vacacións de Nadal.

Durante 2 horas, os nenos e nenas puideron desfrutar dos contos, participar neles a través da súa imaxinación e sensibilizarse sobre o coidado ao medioambiente.


3/1/13

O valor da convivencia dende o deporte

O pasado 27 de decembro, Verónica Boquete participou nunha actividade do proxecto "+ Q Fútbol", na que máis de 70 mozos e mozas pertencentes ao proxecto "+ Q fútbol" e ao II Campus Verónica Boquete, compartiron espazo de xogo, convivencia, ademais de coñecer de primeira man a experiencia de Verónica Boquete no fútbol profesional, coñecendo a súa experiencia vital  para superar tódalas barreiras que  foi atopando ate chegar a ser unha figura internacional no fútbol feminino, e un referente no acceso da muller ao deporte profesional no noso país.



Ao longo da tarde, desenvolvéronse partidos mixtos de fútbol 7, nas que a calidade humana e futbolística dos mozos e as mozas participantes, prendeu por igual no campo de Santa Isabel.

                   

           Verónica Boquete compartiu a súas experiencias nun diálogo previo moi distendido