14/4/11

Seminario de iniciativas empresariais en educación social.

Arelar Xestión Socioeducativa impartiu durante o mes de abril un seminario de iniciativas empresariais en educación social, dirixido ao alumnado de 3º de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, de cara a súa inminente inserción profesional.

Durante o seminario analizáronse aspectos esencias para o promover unha iniciativa de autoemprego, vencellados ao eido da educación social, o cal permitiu ao alumnado indagar noutra opción de cara a planificar a inserción laboral como educadoras e educadores sociais.

                    O seminario facilitou o intercambio de opinións entre o alumnado

11/4/11

Obradoiro "SOStendo" en Catoira

O pasado xoves 7 de abril tivo lugar un obradoiro SOStendo no Concello de Catoira. Esta acción promovida pola Subdirección Xeral de Investigación, cambio Climático e Información Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pretende crear un espazo participativo onde a cidadanía contraste a súa percepción sobre o cambio climático e a determine a súa capacidade de acción para facer fronte ao mesmo, incidindo nas diversas medidas de adaptación ao cambio climático.

Arelar Xestión Socioeducativa desenvolve a coordinación técnica deste proxecto, que percorrerá diversos concellos ao longo deste ano.


 
O obradoiro conta cunha exposición didáctica complementaria

4/4/11

I ENCONTRO DE CENTROS CON SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

O venres 1 de abril tivo lugar o I Encontro de centros educativos con servizo de Mediación Escolar, no que Arelar impartiu un dos obradoiros dirixido ao alumnado, coa intencionalidade de crear un espazo de encontro entre alumnado, e poder indagar nas dificultades, para a mellora da súa función na mediación nos seus respectivos centros educativos.
Tamén houbo espazo específico para a formación do profesorado dos centros participantes no Encontro, celebrado no IES Fin do Camiño de Fisterra.

Neste enlace, podedes  ver unha montaxe coa esencia da xornada, na que participaron ademais dos centros organizadores (IES Fin do Camiño e o IES de Ortigueira), o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, IES Leiras Pulpeiro de Lugo, IES Alfonso X el Sabio de Cambre, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Elviña de A Coruña, IES de Rodeira Cangas de Morrazo, IES Agra de Raíces de Cee, IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

  I ENCONTRO DE CENTROS CON SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR