21/7/11

Obradoiro "SOStendo" en Vedra

O pasado 20 de xullo tivo lugar no Concello de Vedra o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro ten un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Tanto o obradoiro de persoas adultas coma o infantil tiveron moi boa acollida, e permitiron crear de xeito participativo, un proceso de traballo onde se incidiran nas accións que podemos facer para facer fronte ao cambio climático.

Esta actuación está promovida pola Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental, na que Arelar desenvolve a coordinación técnica da actividade.

20/7/11

Ximansia xerontolóxica no coidado dos nosos maiores

Esta semana tivo lugar dentro do programa dirixido a coidadoras de persoas dependentes do concello de Rodeiro("Aprender a coidarse para coidar") unha sesión de ximnasia xerontolóxica na que se abordaron exercicios de mantemento que poden facer as persoas coidadoras cos seus familiares e mellorar así a súa calidade de vida.

7/7/11

A hora da práctica

Dentro do programa "aprender a coidarme para coidar" que se desenvolve no concello de Rodeiro, tivo lugar unha sesión práctica sobre diferentes exercicios é técnicas para poder traballar a memoria, para que as coidadoras poidan realizar cos seus  familiares no día a día. O traballo desenvolveuse en función das necesidades específicas de cada unha das coidadoras, para que lle saquen o maior partido posible.

Durante a sesión amosáronse diversos exercicios para traballar a memoria