23/12/10

SOSTENDO, OBRADOIROS FRONTE AO CAMBIO CLIMÁTICO. CONCELLO DE VILABOA

           O equipo técnico de arelar xestión socioeducativa está impartindo por tódolos concellos de Galicia os obradoiros "SOStendo, obradoiros fronte ao cambio climático", unha iniciativa da Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras). O fin desta actividade é a de fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático. Ademais, ofrece a posibilidade de un obradoiro paralelo para nenos e nenas co fin de ser unha actividade conciliadora para os adultos que asistan.
        Concretamente, esta actividade realizouse onte no concello de Vilaboa, onde participaron oito pais cos seus dez fillos.

22/12/10

PROCESO DE PARTICIPACIÓN SOCIOAMBIENTAL EN CALDAS DE REIS

         O pasado 18 de decembro, no Concello de Caldas de Reis, continuouse co proceso de participación socioambiental impulsado por Feitoría Verde e arelar. 
Esta parte do proceso fíxose a partir dun roteiro, o Miradoiro Verde, que contou con diferentes paradas deseñadas a partir dos resultados dos Faladoiros Verdes. Nesta fase, pretendíase coñecer a percepción máis emocional que os diferentes espazos transmitían á cidadanía, analizando en todo momento os sentimentos respecto do territorio. Co resultado do Miradoiro Verde elaborouse, de forma participativa, un mapa emocional da cidadanía sobre os diferentes espazos e lugares do concello. Ademáis, esta fase sirveu para rematar cun decálogo de propostas, que será estudado polo concello e respostado de forma individualizada ás persoas implicadas no proceso.

10/12/10

LIGA DE FÚTBOL SOCIAL, dinamización e socialización dende a práctica deportiva

        arelar xestión socioeducativa está a desenvolver a "Liga de Fútbol Social", unha iniciativa da UMAD (Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente) que conta con varios colectivos colaboradores (Cáritas, Cruz Vermella e voluntariado da USC). Este proxecto ten como obxectivo crear espazos socializadores e de dinamización dos usuarios da UMAD e a promoción de hábitos de vida saudables a través da práctica deportiva. 
Búscase crear un espazo de encontro (alleo aos contextos habituais destas persoas) que facilite a interacción con outros grupos como son os usuarios e usuarias das restantes organizacións sociais participantes no proxecto.