3/11/11

O programa "Aprender a coidarme para coidar" remata as súas sesions de traballo

Ven de rematar as sesións formativas do programa "Aprender a coidarme para coidar", dirixido a coidadoras profesionais e familiares de persoas dependentes. o programa rematará o vindeiro 8 de novembro cunha charla da Asociación de Familiares de Alzheimer de Chantada, e que permitirá dar a coñecer a experiencia deste colectivo na atención de persoas afectadas por esta demencia. A charla terá lugar na Casa de Cultura de Rodeiro, ás 17 horas.

20/10/11

Afondando nas habilidades sociais

Dentro do programa "aprender a coidarme para coidar" tivo lugar unha sesión formativa en habilidades sociais, dirixida a coidadoras do concello de Rodeiro e que pretendía, dotar as asistentes das destrezas necesarias para afrontar determinados conflictos propios da súa práctica profesional.  A sesión permitiu o traballo  en habilidades tales como a asertividade ou a escoita activa, a través de simulacións proximas á realidade profesional das coidadoras particpantes na sesión. O programa é promovido polo concello de Rodeiro, e está sendo implementado duranto todo o ano por Arelar.

O obradoiro "Sostendo" tivo unha gran acollida no concello de Boborás

O pasado 19 de outubro tivo lugar no Concello de  Boborás o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro tivo un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Estes obradoiros caracterizanse pola dimensión participativa dende o plano metodolóxico, con propostas concretas para mitigar os efectos do cambio climático. Ámbolos obradoiros tiveron unha moi alta participación tanto no plano cuantitativo, coma cualitativo.

30/9/11

Obradoiro SOStendo en Carballedo

O pasado 29 de setembro tivo lugar no Concello de  o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro ten un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Tanto o obradoiro de persoas adultas coma o infantil tiveron moi boa acollida, e permitiron crear de xeito participativo, un proceso de traballo onde se incidiran nas accións que podemos facer para facer fronte ao cambio climático.


Esta actuación está promovida pola Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental, na que Arelar desenvolve a coordinación técnica da actividade.

2/9/11

O "aberto por vacacións" remata cun festival

O proxecto para facilitar a conciliación familiar e laboral "aberto por vacacións"  rematou esta fase estival cun festival no que nenos e nenas fixeron as delicias das nais e pais, cun desfile e un baile, e a elaboracion dunha micro-movie.

O Concello de Rodeiro promove este proxecto coa xestión técnica de arelar, e no que ademais  os rapaces  e rapazas puideron presentar a súas propostas de mellora do parque do pobo, a tráves dun proceso de participación social.


12/8/11

Empeza "aberto por vacacións"

O pasado 8 de agosto, deu comezo o "aberto por vacacións", un proxecto dirixido a facilitar a conciliación familiar e laboral das familias de Rodeiro. Este proxecto, ten ademais a finalidade de que os nenos e nenas de Rodeiro sexan axentes activos na construción do seu tempo de ocio, con contidos educativos e participativos. De feito o subtítulo do proxecto marca as liñas de traballo: participa, xoga e colabora.  "Aberto por vacacións" vai a promover nos nenos e nenas vivencializar un proceso participativo, realización de "micromovies", xogos, obradoiros e moitas actividades máis.


21/7/11

Obradoiro "SOStendo" en Vedra

O pasado 20 de xullo tivo lugar no Concello de Vedra o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro ten un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Tanto o obradoiro de persoas adultas coma o infantil tiveron moi boa acollida, e permitiron crear de xeito participativo, un proceso de traballo onde se incidiran nas accións que podemos facer para facer fronte ao cambio climático.

Esta actuación está promovida pola Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental, na que Arelar desenvolve a coordinación técnica da actividade.

20/7/11

Ximansia xerontolóxica no coidado dos nosos maiores

Esta semana tivo lugar dentro do programa dirixido a coidadoras de persoas dependentes do concello de Rodeiro("Aprender a coidarse para coidar") unha sesión de ximnasia xerontolóxica na que se abordaron exercicios de mantemento que poden facer as persoas coidadoras cos seus familiares e mellorar así a súa calidade de vida.

7/7/11

A hora da práctica

Dentro do programa "aprender a coidarme para coidar" que se desenvolve no concello de Rodeiro, tivo lugar unha sesión práctica sobre diferentes exercicios é técnicas para poder traballar a memoria, para que as coidadoras poidan realizar cos seus  familiares no día a día. O traballo desenvolveuse en función das necesidades específicas de cada unha das coidadoras, para que lle saquen o maior partido posible.

Durante a sesión amosáronse diversos exercicios para traballar a memoria

21/6/11

REMATA A 3ª EDICIÓN DO PROXECTO DE "FÚTBOL SOCIAL"

ven de rematar a terceira edición do proxecto "Fútbol social" impulsado pola Concellería de Benestar Social do Concello de Santiago de Compostela, e na que o fútbol convértese nun elemento de integración social de primeiro orde entre persoas e colectivos moi heteroxéneos e diversos, e onde se ten especial atención a os espazos de socialización e interacción que acompañan á práctica deportiva.

Deste xeito, o proxecto convértese nun recurso de gran interese para moitos proxectos sociais para facilitar escenarios integradores a colectivos con dificultades de inserción social.

Indagando nas claves da memoria

dentro do programa "aprender a coidarme para coidar" que promove o Concello de Rodeiro, dirixido a familiares coidadoras de persoas dependentes, a sesión tivo como fundamento o traballo sobre a memoria.
Durante a sesión abordáronse as diferentes técnicas para traballar a memoria relacionados coa  atención. a percepción, ou a categorización. ademais, durante a sesión se compartiron algúns audiovisuais coma a curta "a primeira vista". Merece moito a pena.


O grupo seguirá traballando na vindeira sesión en función das necesidades individuais de cada coidadora.

                                          


17/6/11

"Os encontros Axenda 21" como espazos de sinerxias entre o eido local e escolar.

No marco da implantación da A21 Local nos Núcleos de Sostibilidade de Ribadeo, Cuntis, O Carballiño, Lalín e Oza dos Ríos, veñen de ter lugar os "Encontros Axenda 21" como escenarios para dar a coñecer experiencias educativas de interese dos centros educativos, na implantación na A21. Paralelamente na maioría dos encontros achegóuselle ao alumnado experiencias e proxectos cun marcado interese ambiental que se estaba a dar no concello, e que permitiu conectar experiencias e proxectos desenvolvidos no eido escolar (estudos sobre litoral, proxectos de compostaxe, creación de patrullas medioambientais, xestión de residuos,etc...)  con actuacións que no marco local a cidadanía está a poñer en marcha na mesma liña, visibilizando as conexións e plantexamentos comúns e/ou complementarios entre tódolos proxectos presentados, e que se estań a desenvolver en cada un dos 5 concellos, que se atopan en pleno proceso de implantación da Axenda 21 Local.

As Axendas 21 nestes 5 concellos está sendo promovida pola Dirección Xeral de Sostibilidade  e Paisaxe, coa xestión técnica de Signo e Sustinere. Arelar é a entidade encargada da Organización destes encontros no eido educativo para visibilizar as experiencias educativas xeradas en cada concello.


              Dúas veciñas explicando o seu proxecto de compostaxe domeśtica en Oza dos Ríos

13/6/11

Arelar no semanario de ensino galego "Cartafol"

No número 14 do semanario Cartafol, aparece unha entrevista onde se reflicte unha parte do traballo de Arelar Xestión socioeducativa e a súa vinculación coa educación. Ao remate desta entrada podedes acceder a entrevista completa.

10/6/11

O reto de educar na sostibilidade

Co título de "o reto de educar no sostibilidade" tivo lugar o curso de formación sobre a A21EG, que se desenvolveu en Santiago de compostela o pasado 3 e 4 de xuño. O curso promovido pola Consellería de Educación e a Consellería de Medioambiente Territorio e Infraestructuras contou coa participacion de Arelar no deseño didáctico das xornadas, e na que se amosou un alto nivel en canto ás comunicacións e proxectos presentados polo profesorado, e que contou coa presenza de Rosa Mª Puyol para a conferencia inaugural.




O alumnado da A21EG amosou os seus proxectos durante a xuntanza "O alumnado é o protagonista"

O Pazo da Cultura de Ponteveda acolleu o pasado 26 de maio a III Xuntanza "O alumnado é o protagonsita" de centros de educación secundaria no marco da A21EG. Esta xuntanza promovida pola Consellería de Medioambiente en colaboración coa Consellería de Educación e coa coordinación técnica de Arelar Xestion Socioeducativa, contou coa participación de 18 centros educativos de toda Galicia onde se desenvolveron 18 seminarios, obras de teatro, composición poéticas e musicais, e audiovisuais didácticos con temática medioambiental. Ademias durante a tarde, celebrouse o Espazo interactivo aberto, no que cada centro tiña o seu stand para amosar os seus proxectos A21EG de xeito interactivo. Este espazo incluíu un mercado do troco, e outros proxectos de educación ambiental que se desenvolven en Galicia.

 
Máis de 300 mozos e mozas deron a coñecer os seus proxectos 
no Recinto Feiral

"Aprender a coidarse para coidar"

Arelar Xestión Socioeducativa está a desenvolver o proxecto "Aprender a coidarse para coidar" no concello de Rodeiro, e dirixido a coidadoras e coidadores de familiares dependentes, coa finalidade de ofrecer unah bagaxe formativa tanto nas labores ed coidado coma pautas para o tratamento de doenzas dexenerativas como o alzheimer. Outros dos aspectos esenciais do proxecto refírese ao importante que resulta as accións de coidado do coidador para desenvolver unha axeitada función coidadora do seu familiar.

O proxecto ten unha participación de profesionais de diferentes disciplinas (educativa, sociosanitaria, etc....) para abordar diferentes aspectos do programa.

                sesión práctica de como efectuar cambios posturais

O proxecto rematará no mes de novembro cunha conferencia da Asoc. de Familiares  de Enfermos de Alzheimer de Chantada.

"O alumnado é o protagonsita" acolleu a preto de 300 alumnos da A21EG

Veñen de celebrarse tódalas xuntanzas "o alumnado é o protagonista" de educación primaria no marco da A21EG dirixidas a coñecer a esencia dos proxectos de A21EG que levan desenvolvendo ao longo de todo o curso escolar. Durante o mes de maio celebráronse 5 xuntanzas nas que o alumando dos diferentes centros compartían as súas experiencias didácticas ao tempo que compartían espazos lúdico-educativos moi enriquecedores.

 As xuntanzas "O alumnado é o protagonista" celebráronse nos seguintes centros:
- CEIP Isidora Riestra de Poio
- CEIP Xermade
- CEIP Lagostelle de Guitiriz
- CEIP JUlio Gurriarán de O Barco
- CEIP Pilar Maestú Sierra de A Pobra

Mais de 300 nenos e nenas compartiron os seus proxectos, nos que a súa participación activa é unha das claves no desenvolvemento dos proxectos en A21EG. Este programa é impulsado pola Consellería de Medioambiente Territorio e Infraestructuras coa colaboración da Consellería de Educación, e onde Arelar desenvolveu o deseño técnico e pedagóxico das xuntanzas "O alumnado é o protagonista".

 
Alumnado do CEIP San Marcos presentando a súa experiencia didáctica
                           

Obradoiro "Sostendo" en Marín

O pasado 18 de maio tivo lugar o obradoiro sostendo, fronte ao cmabio climático e contou coa participación de nenos e nenas de educación primaria do Concello de Marín. O obradorio permitiu afondar nos coñecementos dos nenos e nenas sobre o cambio climático, e definir individual e colectivamente as accións que poderían facer para mitigar os efectos do mesmo. O obradoiro vai acompañado dunha exposición didáctica.

               Dúas nenas observando a exposición do obradoiro
                2 grupos facendo propostas concretas nun collage

3/5/11

Obradoiro "SOStendo" en Lalín

O pasado 27 de abril tivo lugar no Auditorio de Lalín o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro ten un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Tanto o obradoiro de persoas adultas coma o infantil tiveron moi boa acollida, e permitiron crear de xeito participativo, un proceso de traballo.

durante o obradorio infantil contruíronse diversos murais

14/4/11

Seminario de iniciativas empresariais en educación social.

Arelar Xestión Socioeducativa impartiu durante o mes de abril un seminario de iniciativas empresariais en educación social, dirixido ao alumnado de 3º de Educación Social da Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela, de cara a súa inminente inserción profesional.

Durante o seminario analizáronse aspectos esencias para o promover unha iniciativa de autoemprego, vencellados ao eido da educación social, o cal permitiu ao alumnado indagar noutra opción de cara a planificar a inserción laboral como educadoras e educadores sociais.

                    O seminario facilitou o intercambio de opinións entre o alumnado

11/4/11

Obradoiro "SOStendo" en Catoira

O pasado xoves 7 de abril tivo lugar un obradoiro SOStendo no Concello de Catoira. Esta acción promovida pola Subdirección Xeral de Investigación, cambio Climático e Información Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pretende crear un espazo participativo onde a cidadanía contraste a súa percepción sobre o cambio climático e a determine a súa capacidade de acción para facer fronte ao mesmo, incidindo nas diversas medidas de adaptación ao cambio climático.

Arelar Xestión Socioeducativa desenvolve a coordinación técnica deste proxecto, que percorrerá diversos concellos ao longo deste ano.


 
O obradoiro conta cunha exposición didáctica complementaria

4/4/11

I ENCONTRO DE CENTROS CON SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

O venres 1 de abril tivo lugar o I Encontro de centros educativos con servizo de Mediación Escolar, no que Arelar impartiu un dos obradoiros dirixido ao alumnado, coa intencionalidade de crear un espazo de encontro entre alumnado, e poder indagar nas dificultades, para a mellora da súa función na mediación nos seus respectivos centros educativos.
Tamén houbo espazo específico para a formación do profesorado dos centros participantes no Encontro, celebrado no IES Fin do Camiño de Fisterra.

Neste enlace, podedes  ver unha montaxe coa esencia da xornada, na que participaron ademais dos centros organizadores (IES Fin do Camiño e o IES de Ortigueira), o IES Carlos Casares de Viana do Bolo, IES Leiras Pulpeiro de Lugo, IES Alfonso X el Sabio de Cambre, IES Isidro Parga Pondal de Carballo, IES Xulián Magariños de Negreira, IES Elviña de A Coruña, IES de Rodeira Cangas de Morrazo, IES Agra de Raíces de Cee, IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto.

  I ENCONTRO DE CENTROS CON SERVIZO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

16/3/11

"futbol social": Un proxecto de integración e dinamización social

Hoxe tivo lugar a presentación dos resultados acadados no desenvolvemento do proxecto de "Fútbol Social", proxecto promovido pola Área de Benestar Social - UMAD do Concello de Santiago e no que Arelar  desenvolve a coordinación técnica do proxecto dende outubro do 2009.

                                                     imaxe da rolda de prensa

Este proxecto permite constituír un recurso facilitador de procesos de integración social para que colectivos moi dispares e heteroxéneos, e que permite crear un espazo socializador mo enriquecedor e baseado no ocio saudable.





13/3/11

"Caldas, Territorio Verde" pon remate ao Proxecto de participacion socioambiental

Un momento da presentación do decálogo 
 Este sábado, tivo lugar o encontro "Caldas Territorio Verde", e que amosou unha variedade de propostas, culminada coa presentación ao Concello dun decálogo de propostas xeradas pola cidadanía, como elemento cristalizador do proceso participativo desenvolvido dende o mes de novembro.


Ademais, durate o acto, coordinado por Arelar Xestión Socioeducativa e Feitoría Verde, contou coa presenza de diversos productores locais e en ecolóxico, e das achegas de varias asociacións de Caldas. Por outra banda,  Anxo Moure e a asociación Gym vital, fixeron as delicias dos máis pequenos.

9/3/11

O vindeiro sábado 12 de marzo teŕa lugar o "Caldas territorio verde"

O vindeiro sábado 12 de marzo teŕa lugar no Auditorio de Caldas, o encontro "Caldas territorio verde", un espazo pola sustentabilidade, no que elementos do medio natural, social e económico teñen cabida para compartir coa cidadanía.

Arelar e Feitoría Verde desenvolven a organización técnica deste evento que culmina o proceso de participación socioambiental realizado en Caldas de Reis dende o mes de novembro. Dentro de Caldas territorio verde, se presentará o decálogo de propostas de mellora para a xestión do territorio, elaborado pola cidadanía.

A programación do encontro é moi diversificada e dirixida a tódolos públicos, con espazos lúdicos, expositivos, de produción local e ecolóxica e con presentación de experiencias participativas.

28/2/11

Visitas de asesoramento na Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG)

Visita ao IES Nº1 de Ribeira
Dende este mes de febreiro estanse a levar a cabo as diferentes visitas de asesoramento aos centros que participan na Axenda 21 Escolar de Galicia, (promovida polas Consellerías de Medioambiente, Territorio e Infraestructuras e a de Educación e Ordenación Universitaria) para coñecer o grao de desenvolvemento dos proxectos para este curso. 

Así mesmo, estas visitas serven para ir orientando a participación dos centros nas xuntanzas de alumnado e nas Xornadas de profesorado, que terán lugar a final de curso.

10/2/11

A cidadanía de Caldas ultima as súas propostas dentro do proceso participativo

O pasado martes 8 de febreiro tivo lugar o quinto  faladoiro verde, dentro do proxecto de participación socioambiental activa de Caldas de Reis, coordinado por Arelar e Feitoría Verde e que se promove dende o Concello de Caldas. Durante este Faladoiro, a cidadanía  ultimou o decálogo de propostas definitivo, para a mellora da xestión do territorio de Caldas, e farase a presentación pública das mesmas, o vindeiro sábado 12 de marzo no "Caldas territorio verde".  Proximamente, xa iredes coñecendo máis deste interesante evento.
Dende Arelar valoramos moi satisfactoriamente o proceso de participación da cidadanía, xa que está sendo moi intenso, produtivo e dinámico.
--
discusión de propostas
en pequeno grupo
Exposición e debate
das propostas xeradas

8/2/11

Gran estrea de "O carballo falador"

O pasado sábado 5 de febreiro  no auditorio Manuel Dopazo levouse  a caboa estrea   da obra de teatro " O CARBALLO FALADOR ",  a cal contou coa participación do alumnado  de educación primaria do CEIP de Bandeira. Con este proxecto de teatro social,  Arelar Xestion Socioeduactiva pretende fomentar no alumnado o desenvolvemento persoal  a través do teatro,mellorando as súas capacidades comunicativas, de traballo en equipo e de expresión emocional.

Esta iniciativa contou coa participación de 20 nenos e nenas e foi promovida pola   ANPA Brincadeira  do CEIP de Bandeira, que desenvolveu un traballo espectacular na escenografía e vestiario do grupo.

" O CARBALLO FALADOR "
 "Momentos previos á estrea "

21/1/11

OBRA DE TEATRO "O CARBALLO FALADOR" NO CEIP DE BANDEIRA

           Dende o pasado mes de novembro, arelar xestión socioeducativa está a impulsar un proxecto de teatro social con rapaces e rapazas de tres a dez anos de idade do Ceip de Bandeira. Esta iniciativa xurdeu da ANPA Brincadeira do Ceip de Bandeira para fomentar no seu alumnado un desenvolvemento persoal e social a través do teatro. Se ben, arelar está a preparar unha representación teatral denomida "O Carballo Falador" que se presentará o vindeiro día 5 de febreiro no auditorio Manuel Dopazo.

Ensaio da obra teatral "O Carballo Falador"

12/1/11

TERCEIRO FALADOIRO VERDE EN CALDAS DE REIS

O pasado martes 11 de xaneiro tivo lugar o terceiro faladoiro verde, dentro do proxecto de participación socioambiental activa de Caldas de Reis, impulsado por Arelar e Feitoría Verde. Durante este Faladoiro, o grupo de veciños e veciñas formularon as últimas propostas para a mellora da xestión do territorio, e revisáronse algúns dos datos do roteiro emocional feito en decembro.

Dende Arelar valoramos moi satisfactoriamente o proceso de participación da cidadanía, xa que está sendo moi intenso, produtivo e dinámico. Neste intre, téñense formulado ao redor de 65 propostas para a mellora de Caldas dende criterios de sostibilidade.