12/5/13

Cámara....Acción!

No proxecto de elaboración de micromovies, a prol do voluntariado, estase a desenvolver as gravacions das propostas que o alumnado efectuou para desenvolver os guións das micromovies.  O alumnado está a amosarse tremendamente motivado para empregar o medio audiovisual para a elaboracións das diversas ficcións que amosan os valores solidarios vencellados aos proxectos solidarios que se realiza en cada un dos centros pertencentes a rede de Centros Escolares Solidarios.



 










23/4/13

"+ Q Futbol" un espazo para compartir


Durante este ano 2013 o "+ Q Fútbol" segue a ser un espazo de intercambio e de prevención dende a práctica deportiva, promovendo diferentes actividades paralelas ao espazo deportivo que se xenera. 



A edición do diario "+ Q Fútbol",  a elaboración de raps futboleiros, gravación de audiovisuais, as merendas futboleiras, ou encontros con outros equipos da cidade, seguen a ser espazos de referencia no proxecto, potenciándose a participacion activa dos mozos e mozas no deseño e ideacion de novas actividades.

Agárdannos novas emocións e moitas sorpresas durante o "+ Q Fútbol". De seguro que vai a merecer moito a pena!!





18/4/13

A aprendizaxe de estratexias de afrontamento na resolución de conflictos

 

A Anpa do Ceip Ramón Cabanillas está desenvolvendo un obradoiro de resolución de conflitos dirixido a nais e pais, para a aprendizaxe de estratexias de afrontamento dos conflitos que xorden na relación educativa no seo familiar.



O obradoiro conta de 3 sesións de traballo na que dende unha metodoloxía participativa, e partindo dos intereses e necesidades das nais e pais participantes, se desenvolverá un traballo eminentemente práctico e vivencial de situacións que permiten crear escenarios de aprendizaxe das destrezas e estratexias necesarias para o afrontamento dos conflitos.

Arelar está a desenvolver a docencia deste obradoiro.

"O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" en Avión

A pasada semana tivo lugar unha serie de visitas guiadas no Concello de Avión sobre a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción", na que se aborda o problema do cambio climático.  Durante a semana se realizaron diversas visitas para escolares e adultos, nas que puideron contrastar os seus coñecementos e crenzas, e analizar que tipo de accións son factibles para minimizar os efectos do cambio climático, e poder integrar condutas máiis sostibles e respectuosas co medio.


11/4/13

Aprendizaxe-servizo: metodoloxías para a mellora da acción voluntaria

 Estase a desenvovler ao longo deste mes de abril, dentro da oferta formativa da Dirección Xeral de Voluntariado, un curso de aprendizaxe-servizo. 
O Aprendizaxe-servizo (aps) é unha metodoloxía educativa que pretende aunar as aprendizaxes estruturadas cun grupo determinado, cun servizo concreto que dea resposta a unha serie de necesidades detectadas nun territorio concreto e cun colectivo benificiario de devandito servizo.

Arelar está a desenvolver esta formación na plataforma online da Dirección Xeral de Voluntariado, e conta con 563 persoas inscritas. O curso consta de 3 módulos teóricos e remata coa elaboración dun proxecto de aps, aplicable nos contextos de referencia das persoas participantes no curso.