29/6/12

"A historia de Salam"

Durante este curso arelar desenvolveu nalgúns centros de educación primaria do Concello de Vila de Cruces, un proxecto de educación intercultural que a partir dun obradoiro inicial para abordar conceptos básicos o alumnado puido deseñar un cómic a prol da interculturalidade. Eses cómics foron a base do guión que deu lugar "A historia de Salam". No proxecto participaron o Ceip de Merza e o Ceip Nosa Señora da Piedade de Vila de Cruces. No seguinte enlace podedes ver a "micromovie" realizada no Ceip de Merza.


http://www.youtube.com/watch?v=x_EW2SJ87QA&feature=plcp





23/6/12

"Unha viaxe pola nosa historia" pon remate ao proxecto de actividades extraescolares en Rodeiro

Este venres, rematou o proxecto de actividades extraescolares no concello de Rodeiro, e do que arelar leva a xestión técnica do mesmo.  Como remate do proxecto, os nenos e nenas puieron facer unha viaxe pola súa historia a través de diversas actividades, que permitiran aproximarse aos máis pequenos a saberes tradicionais da nosa cultural popular.  Os xogos tradicionais, a xincana "unha viaxe pola nosa historia" e a visitas de 3 veciñas que compartiron os seus saberes e vivencias cos nenos e nenas participantes  no proxecto.

Finalmente, a xornada rematou na Casa da Cultura coa valoración do proxecto por parte dos nenos e nenas, a emisión dun video resumo dos valores didácticos do proxecto, e a entrega de diplomas e agasallos para tódolos participantes.


20/6/12

"O xinete das árbores" visita aos nenos e nenas en Vila de Cruces

"O xinete das arbores" visitou ao alumnado de educación infantil do Ceip Nosa Señora da Piedade, para celebrar o fin de curso, e no que puido compartir o amor e o coidado prol da natureza a través dos contos e da imaxinación.


10/6/12

As xornadas da Axenda 21 Escolar de Galicia traballan ao redor do desenvolvemento das competencias básicas

Durante o pasado 8 e 9 de xuño tivo lugar a xornadas  de formación do profesorado da Axenda 21 Escolar de Galicia, coa clara intención de abordar estratexias para o desenvolvemento das competencias básicas dentro dos proxectos de Axenda 21 que teñen lugar en máis de corenta centros de toda Galicia.



100 profesores e profesoras déronse cita nestas xornadas de formación, que  durante a fin de semana desenvolveron un traballo moi interesante tanto nos plenarios coma nos grupos de debate e na comunicación de experiencias.                   Así mesmo, resultou moi interesante o achegarse ao procedemento de traballo que se está a desenvolver noutros proxectos a nivel estatal. Deste xeito, o traballo que se desenvolve dende a Rede Canario de Centros pola sostibilidade, permitiu fortalecer o espírito de intercambio e de enriquecemento mútuo das experiencias presentadas durante as xornadas.

Arelar un ano máis, participou da organización  destas xornadas dirixidas ao profesorado, promovidas pola Consellería de Educación e o Instituto de Estudio do Territorio.

 Silvia Velázquez presentou o traballo da Rede Canaria de Centros pola sostibilidade do goberno de Canarias. 

1/6/12

Comeza o proxecto "+Q Fútbol"

O proxecto "+ Q Fútbol" enmárcase dentro do proxecto de Alternativa Activa promovida polo Concello de Santiago e que vai dirixida a mocidade coa intención de xerar propostas de ocio atractivas e saudables.  Concretamente dende  "+ Q Fútbol" preténdese que a práctica futbolística sexa o punto de inicio dunha serie de propostas que permitan construír colectivamente un espazo de convivencia  creativo, saudable e divertido onde os mozos e mozas poidan desfrutar colectivamente e de xeito satisfactorio do seu tempo de ocio.



O Proxecto desenvólvese tódolos venres no pavillón do Ceip Quiroga Palacios, de 19 a 21h., e entre as actividades propostas ademais da creación de "superligas", están a realización de "curtametraxes futboleiras", "micro-programas de radio", o boletín semanal ou encontros con deportistas relevantes de Compostela.

Arelar é a encargada da execución técnica do proxecto.