Ademais, durante o mes de decembro no proxecto "+ Q Fútbol" outras actividades especiais coma un torneo de Nadal, ou partidos de fútbol 11x11, no II Campus de Verónica Boquete.
Cartel das actividades de decembro no "+ Q Fútbol"

100 profesores e profesoras déronse cita nestas xornadas de formación, que durante a fin de semana desenvolveron un traballo moi interesante tanto nos plenarios coma nos grupos de debate e na comunicación de experiencias. Así mesmo, resultou moi interesante o achegarse ao procedemento de traballo que se está a desenvolver noutros proxectos a nivel estatal. Deste xeito, o traballo que se desenvolve dende a Rede Canario de Centros pola sostibilidade, permitiu fortalecer o espírito de intercambio e de enriquecemento mútuo das experiencias presentadas durante as xornadas.