Este venres, rematou o proxecto de actividades extraescolares no concello de Rodeiro, e do que arelar leva a xestión técnica do mesmo. Como remate do proxecto, os nenos e nenas puieron facer unha viaxe pola súa historia a través de diversas actividades, que permitiran aproximarse aos máis pequenos a saberes tradicionais da nosa cultural popular. Os xogos tradicionais, a xincana "unha viaxe pola nosa historia" e a visitas de 3 veciñas que compartiron os seus saberes e vivencias cos nenos e nenas participantes no proxecto.
Finalmente, a xornada rematou na Casa da Cultura coa valoración do proxecto por parte dos nenos e nenas, a emisión dun video resumo dos valores didácticos do proxecto, e a entrega de diplomas e agasallos para tódolos participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario