100 profesores e profesoras déronse cita nestas xornadas de formación, que durante a fin de semana desenvolveron un traballo moi interesante tanto nos plenarios coma nos grupos de debate e na comunicación de experiencias. Así mesmo, resultou moi interesante o achegarse ao procedemento de traballo que se está a desenvolver noutros proxectos a nivel estatal. Deste xeito, o traballo que se desenvolve dende a Rede Canario de Centros pola sostibilidade, permitiu fortalecer o espírito de intercambio e de enriquecemento mútuo das experiencias presentadas durante as xornadas.
Arelar un ano máis, participou da organización destas xornadas dirixidas ao profesorado, promovidas pola Consellería de Educación e o Instituto de Estudio do Territorio.
Silvia Velázquez presentou o traballo da Rede Canaria de Centros pola sostibilidade do goberno de Canarias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario