No marco da implantación da A21 Local nos Núcleos de Sostibilidade de Ribadeo, Cuntis, O Carballiño, Lalín e Oza dos Ríos, veñen de ter lugar os "Encontros Axenda 21" como escenarios para dar a coñecer experiencias educativas de interese dos centros educativos, na implantación na A21. Paralelamente na maioría dos encontros achegóuselle ao alumnado experiencias e proxectos cun marcado interese ambiental que se estaba a dar no concello, e que permitiu conectar experiencias e proxectos desenvolvidos no eido escolar (estudos sobre litoral, proxectos de compostaxe, creación de patrullas medioambientais, xestión de residuos,etc...) con actuacións que no marco local a cidadanía está a poñer en marcha na mesma liña, visibilizando as conexións e plantexamentos comúns e/ou complementarios entre tódolos proxectos presentados, e que se estań a desenvolver en cada un dos 5 concellos, que se atopan en pleno proceso de implantación da Axenda 21 Local.
As Axendas 21 nestes 5 concellos está sendo promovida pola Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, coa xestión técnica de Signo e Sustinere. Arelar é a entidade encargada da Organización destes encontros no eido educativo para visibilizar as experiencias educativas xeradas en cada concello.
Dúas veciñas explicando o seu proxecto de compostaxe domeśtica en Oza dos Ríos
No hay comentarios:
Publicar un comentario