Arelar Xestión Socioeducativa está a desenvolver o proxecto "Aprender a coidarse para coidar" no concello de Rodeiro, e dirixido a coidadoras e coidadores de familiares dependentes, coa finalidade de ofrecer unah bagaxe formativa tanto nas labores ed coidado coma pautas para o tratamento de doenzas dexenerativas como o alzheimer. Outros dos aspectos esenciais do proxecto refírese ao importante que resulta as accións de coidado do coidador para desenvolver unha axeitada función coidadora do seu familiar.
O proxecto ten unha participación de profesionais de diferentes disciplinas (educativa, sociosanitaria, etc....) para abordar diferentes aspectos do programa.
sesión práctica de como efectuar cambios posturais
O proxecto rematará no mes de novembro cunha conferencia da Asoc. de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario