Ven de iniciarse as sesións de presentación do proxecto de "elaboración de micromovies a prol do voluntariado" nos centros que conforman a rede de Centros Escolares Solidarios, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e que pretende promover dende criterios participativos que o alumnado se implique no deseño de material audiovisual que promova os valores de solidaridade e transformación social tomando como punto de partida, os proxectos solidarios que están a impulsar dende os propios centros.
O proxecto conta de varias fases (wiki colaborativa, obradoiros e gravación de micromovies) que se desenvolverán ao longo do curso, e que permitirán rematar cunha micromovie, ideada e protagonizada polo propio alumnado que en si mesmo constituirá un material didáctico e divulgativo moi interesante para o traballo de sensibilización en toda a comunidade educativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario