O pasado 27 de decembro, Verónica Boquete participou nunha actividade do proxecto "+ Q Fútbol", na que máis de 70 mozos e mozas pertencentes ao proxecto "+ Q fútbol" e ao II Campus Verónica Boquete, compartiron espazo de xogo, convivencia, ademais de coñecer de primeira man a experiencia de Verónica Boquete no fútbol profesional, coñecendo a súa experiencia vital para superar tódalas barreiras que foi atopando ate chegar a ser unha figura internacional no fútbol feminino, e un referente no acceso da muller ao deporte profesional no noso país.
Ao longo da tarde, desenvolvéronse partidos mixtos de fútbol 7, nas que a calidade humana e futbolística dos mozos e as mozas participantes, prendeu por igual no campo de Santa Isabel.
Verónica Boquete compartiu a súas experiencias nun diálogo previo moi distendido
No hay comentarios:
Publicar un comentario