o venres 21 tivo lugar unha xornada festiva no "+ Q Fútbol", cun encontro no que participaron rapazas de varios equipos de fútbol de Santiago (compostela, Funeraria Apostol.....) e no que puidemos desfrutar de xogo activo, compañeirismo, bó rollo e deporte en efervescencia.
Ademais, contamos coa presenza do adestrador do Compostela feminino e da Concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago, Paula Prado, que acudiu a presenciar os encontros, e a facer entrega dos trofeos as e os participantes. Finalmente todos e todas puidemos desfrutar dunha merenda futboleira do máis divertida e amena.
Aqui podedes ver a nova enlazada na páxina web do Concello de Santiago.
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=8741
No hay comentarios:
Publicar un comentario