O pasado 19 de outubro tivo lugar no Concello de Boborás o obradoiro "Sostendo" fronte ao Cambio Climático. O obradoiro tivo un apartado para adultos e outra para nenos e nenas, para que poidan coñecer e incidir nas accións que poden desenvolver para mitigar os efectos do cambio climático no seu quefacer diario.
Estes obradoiros caracterizanse pola dimensión participativa dende o plano metodolóxico, con propostas concretas para mitigar os efectos do cambio climático. Ámbolos obradoiros tiveron unha moi alta participación tanto no plano cuantitativo, coma cualitativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario