O pasado 8 de agosto, deu comezo o "aberto por vacacións", un proxecto dirixido a facilitar a conciliación familiar e laboral das familias de Rodeiro. Este proxecto, ten ademais a finalidade de que os nenos e nenas de Rodeiro sexan axentes activos na construción do seu tempo de ocio, con contidos educativos e participativos. De feito o subtítulo do proxecto marca as liñas de traballo: participa, xoga e colabora. "Aberto por vacacións" vai a promover nos nenos e nenas vivencializar un proceso participativo, realización de "micromovies", xogos, obradoiros e moitas actividades máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario