O vindeiro sábado 12 de marzo teŕa lugar no Auditorio de Caldas, o encontro "Caldas territorio verde", un espazo pola sustentabilidade, no que elementos do medio natural, social e económico teñen cabida para compartir coa cidadanía.
Arelar e Feitoría Verde desenvolven a organización técnica deste evento que culmina o proceso de participación socioambiental realizado en Caldas de Reis dende o mes de novembro. Dentro de Caldas territorio verde, se presentará o decálogo de propostas de mellora para a xestión do territorio, elaborado pola cidadanía.
A programación do encontro é moi diversificada e dirixida a tódolos públicos, con espazos lúdicos, expositivos, de produción local e ecolóxica e con presentación de experiencias participativas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario