O pasado sábado 5 de febreiro no auditorio Manuel Dopazo levouse a caboa estrea da obra de teatro " O CARBALLO FALADOR ", a cal contou coa participación do alumnado de educación primaria do CEIP de Bandeira. Con este proxecto de teatro social, Arelar Xestion Socioeduactiva pretende fomentar no alumnado o desenvolvemento persoal a través do teatro,mellorando as súas capacidades comunicativas, de traballo en equipo e de expresión emocional.
Esta iniciativa contou coa participación de 20 nenos e nenas e foi promovida pola ANPA Brincadeira do CEIP de Bandeira, que desenvolveu un traballo espectacular na escenografía e vestiario do grupo.
|
" O CARBALLO FALADOR " |
|
"Momentos previos á estrea " |
No hay comentarios:
Publicar un comentario