arelar xestión socioeducativa está a desenvolver a "Liga de Fútbol Social", unha iniciativa da UMAD (Unidade Municipal de Atención ao Drogodependente) que conta con varios colectivos colaboradores (Cáritas, Cruz Vermella e voluntariado da USC). Este proxecto ten como obxectivo crear espazos socializadores e de dinamización dos usuarios da UMAD e a promoción de hábitos de vida saudables a través da práctica deportiva.
Búscase crear un espazo de encontro (alleo aos contextos habituais destas persoas) que facilite a interacción con outros grupos como son os usuarios e usuarias das restantes organizacións sociais participantes no proxecto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario