Dende arelar empregamos o teatro e as súas posibilidades como ferramenta de animación e intervención socioeducativa. O teatro é un punto de encontro multidisciplinar que asocia o cultural, o educativo e o artístico. As linguaxes e accións expresivas chegan a transformarse nunha ferramenta básica. Son instrumentos educativos e de formación persoal, que axudan a crear vivencias relacionais e comunicativas, dentro dun marco social.
8/10/10
6/10/10
SPOTS PUBLICITARIOS
En arelar impulsamos a elaboración de spots publicitarios sobre diferentes áreas de traballo. O seguinte video amosa un pequeno exemplo das actividades que levamos a cabo, neste caso o eixo de traballo era a educación ambiental.
Vídeo "O Alcalde e a paisaxe". Campanto A21 Lalín
5/10/10
CAMPAMENTOS A21
Ó longo do mes de agosto e a primeira semana do mes de setembro, o equipo técnico de arelar puxo en funcionamento o proxecto Campamentos A21 impulsado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras no que tamén colaborou o Instituto Galego de Consumo.
Estes campamentos leváronse a cabo no Concellos de Lalín, Cuntis, Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo; sendo os mesmos Núcleos de Sostibilidade de Galicia e nos que se implantou recentemente a Axenda 21 Local.
Estes campamentos leváronse a cabo no Concellos de Lalín, Cuntis, Carballiño, Oza dos Ríos e Ribadeo; sendo os mesmos Núcleos de Sostibilidade de Galicia e nos que se implantou recentemente a Axenda 21 Local.
Se ben, os campamentos pretendían, dende un xeito lúdico, traballar aspectos relacionados coa sostiblidade e o medio ambiente. O proceso de participación ambiental foi o eixo en torno ao que xirou a actividade nos seus cinco días de duración en cada un dos municipios.
Encontro Interxeracional (xogos tradicionais) |
Proceso de Participación Ambiental |
Obradoiro de Consumo |
Obradoiro Consumo Ecolóxico e Local |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)